Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio en varias naves de Cedie no Barco de Valdeorras

Incendio en varias naves de Cedie no Barco de Valdeorras

O lume está provocando unha nube de fume que podería ser tóxica

A nave estaba baleira cando comezou o incendio

A orixe das lapas podería estar nunha chispa durante a reparación dun tellado

G24.gal 28/02/2022 20:45

No Barco de Valdeorras declarouse esta tarde un incendio nunha das naves industriais de Cedie, na avenida de Galicia. Por sorte, non había ninguén dentro do edificio.

O lume comezou ás seis e media da tarde e foise estendendo a outras naves próximas. Polo de agora descoñécense as causas do sinistro. O CEDIE asegura que o lume se produciu durante o traballo de reparación da cuberta dunha das naves do complexo industrial, destinada ao almacenamento de resina de pino.

Aseguraron tamén que, aínda que non se pode determinar con exactitude a orixe do lume, o máis probable é que algún residuo incandescente procedente dos traballos puidese caer sobre a resina almacenada na nave.

Na nave afectada estábase desenvolvendo un proxecto de transformación de resina. O incendio provocou unha gran nube de fume, pero o CEDIE aclara que non se produciu a combustión de elementos industriais que puidera ser tóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos