Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendian a máquina comecartos dun bar ao non conseguir roubala

Incendian a máquina comecartos dun bar ao non conseguir roubala

Un dos ladróns aproveitou para roubar un coche a escasos metros do local

G24.gal 22/03/2024 15:51

Uns ladróns intentaron roubar a recadación da máquina comecartos dun restaurante de Vigo na madrugada deste venres. Os delincuentes marcharon coas mans baldeiras, pero deixaron tras de si un incendio que casou estragos no local.

Gerardo mira con incredulidade e impotencia os estragos que deixaron esta madrugada os ladróns no seu restaurante. A televisión fundida coa máquina comecartos e todo o local inservible polo fume e a cinza.

O obxectivo era a recadación da máquina comecartos que debido a un roubo anterior, hai menos dun mes, está fixada á parede.

Parece ser que mentres un dos ladróns intentaba abrir a máquina comecartos, o outro aproveitou para roubar nun coche a escasos metros.

Os donos recibiron o aviso da empresa de seguridade contra as catro e media da mañá ao captar as cámaras movemento no local. Grazas a iso o incendio non rematou nunha desgraza, pois no piso superior vive unha persoa maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade