Inaugúrase unha exposición solidaria en Ourense pola enfermidade de Dent
Os cadros foron pintados por Hugo, un neno de oito anos que padece esta doenza rara que afecta gravemente o ril
A exposición está ata o 7 de maio no espazo de arte de Roberto Verino en Ourense
O recadado, as familias galegas de Art for Den donano para o proxecto de investigación que desenvolven en Santiago
Dar a coñecer unha rara doenza, a enfermidade de Dent, dende unha perspectiva creativa é o obxectivo da exposición duns cadros inspirados nos de Francis Bacon feitos por un pequeno artista que padece esta grave enfermidade que afecta os riles.
A Hugo diagnosticáronlle a enfermidade de Dent en decembro de 2019. Pintar estes lenzos foi unha terapia para Hugo e a súa familia durante o confinamento.
Este pequeno grande artista, os seus pais e outras tres familias galegas xunto con outra asturiana con fillos coa doenza crearon o proxecto Art for Dent para obter fondos para a investigación que se está desenvolvendo no Hospital de Santiago.
Con esta exposición itinerante queren dar a coñecer este proxecto. Estará no espazo de arte de Roberto Verino en Ourense ata o 7 de maio. Unhas pinturas que xurdiron para loitar contra unha enfermidade rara e que descubriron en Hugo unha paixón, de maior, di, quere ser pintor.