Publicador de contidos

Publicador de contidos

As forzas de seguridade dan por desmantelado o clan dos Chaquetas en Narón

As forzas de seguridade dan por desmantelado o clan dos Chaquetas en Narón

G24.gal 30/10/2026 13:50

Golpe policial ao clan dos Chaquetas, asentado en Narón e vinculado durante décadas ao tráfico de drogas na comarca de Ferrol. As forzas de seguridade dan por desmantelada esta organización familiar tras unha operación que deixa oito detidos.

A operación desenvolveuse ao comezo desta semana. Durante horas, un amplo operativo policial rexistrou un piso situado no sexto andar dun inmoble da avenida da Gándara de Narón.

Nese momento detiveron dúas persoas. Un deles, o xefe do clan. O outro o seu irmán. Outro irmán xa fora detido en xaneiro nunha operación na que a Garda Civil tamén prendeu unha coñecida empresaria de Narón por xestionar un piso, suposto refuxio da droga.

O dispositivo policial desta semana rematou con oito detidos. Están acusados dun delito contra a saúde pública. Dous deles tamén por tenza de armas e un terceiro por revelación de segredos e acceso ilícito a información privilexiada. 

Un golpe ao narcotráfico na zona que non é o primeiro: no 2023 houbo 21detidos no asentamento dos Chaquetas. E en 2013 houbo 13 noutra operación. Daquela a policía falou dun autentico negocio de venda ao público de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar