Imputado un veciño de Betanzos por conducir sen carné e dar positivo en drogas
O condutor, de 20 anos, aínda non sacara o permiso e deu positivo por THC, opiáceos e cocaína
Un home de 54 anos que viaxaba de copiloto tamén está imputado como cooperador necesario

A Garda Civil imputou dous veciños de Betanzos pola súa suposta implicación en varios delitos contra a seguridade viaria. Un deles conducía un coche sen carné e baixo os efectos das drogas e o outro viaxaba de copiloto.
Segundo informa a benemérita, os feitos ocorreron no punto quilométrico 568 na N-6, en Coirós, cando o vehículo se foi por fóra da vía. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o condutor, de 20 anos, non tiña permiso de conducir porque nunca o sacara.
O mozo deu positivo en drogas por THC, opiáceos e cocaína, polo que foi imputado por un delito contra a seguridade viaria.
O outro ocupante, de 54 anos e propietario do coche, tamén foi imputado como cooperador necesario dun delito contra a seguridade viaria, pois sabía que o condutor non tiña carné.