Publicador de contidos

Publicador de contidos

Imponse a moda do "brunch" en Galicia

Imponse a moda do "brunch" en Galicia

Cada vez máis restaurantes ofrecen, sobre todo en temporada alta, outras ofertas nos seus menús, como son os brunchs

É unha opción intermedia entre o almorzo e o xantar

No restaurante A Curtidoría, en Santiago, este ano mesturan delicias culinarias doces e salgadas con influenza francesa

G24.gal 13/04/2025 14:59

Cada vez máis restaurantes ofrecen en Galicia, sobre todo a partir do comezo da temporada alta, outras ofertas nos seus menús. Un exemplo son os brunchs.

É unha opción intermedia entre o almorzo e o xantar. Neste restaurante da zona vella de Santiago ofrecen desde hai anos un brunch, unha comida que se degusta a media mañá, que adoita ser abundante e que nesta ocasión mesturan delicias culinarias doces e salgadas.

"Nós facémolo cun formato 'pop up', dura un mes, ofrecemos xamón doce, uns queixos franceses e galegos, pastelaría francesa, boliños feitos a man, unha 'quiche', unha torta pavlova", di Borja Portals, xerente do restaurante A Curtidoría, en Santiago.

Os brunchs ofrécenos fins de semana e festivos durante un mes, cun prezo de 30 euros por persoa e parece que está a ter moito éxito entre os clientes.

"É unha opción que me encanta, permíteche saír da rutina, nos momentos máis especiais, en vacacións, ten moita variedade de pratos, é moi abundante e xa vou lista para todo o día", comenta unha clienta.

O ano pasado A Curtidoría ofrecía un brunch con influencia máis americana, nesta ocasión a inspiración é francesa, con mestura de produtos galegos.

"Funciona fenomenal, abrimos unha cota de prazas, que son 50, e dura un mes. Desde que o abrimos a verdade é que enchemos sempre", engade Borja Portals.

E semella que quen o proba, repite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade