Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así actuou o home que queimou tres coches nunha empresa da Lavacolla

Así actuou o home que queimou tres coches nunha empresa da Lavacolla

É, presuntamente, a obra dun cliente que non quixo pagar o recargo que se lle esixía por devolver o vehículo de alugueiro máis tarde do contratado

G24.gal 12/04/2024 22:12 Última actualización 13/04/2024 10:27

Tres vehículos queimados, dous traballadores trasladados no hospital e unha familia desaloxada da casa. É o saldo que, presuntamente, deixou un cliente onte nunha empresa de alugueiro de vehículos en Santiago. E todo, ao parecer, porque quixeron cobrarlle un recargo.

A policía investiga os feitos que deixaron estes tres coches queimados nunha empresa próxima ao aeroporto de Santiago. É, presuntamente, a obra dun cliente que non quixo pagar o recargo que se lle esixía por devolver o vehículo de alugueiro máis tarde do contratado.

Din aquí que xa entrou vociferando e ameazando o persoal, e que antes de que puideran calmalo, empezou a agredilos. Logo colleu o vehículo e marchou, pero non sospeitaban onde.

Na gasolineira non advertiron nada raro ao atendelo, pero lémbrano porque din que marchou sen pagar. Regresou ao lugar e, supostamente, primeiro ameazou con prender lume e logo fíxoo.

Cousa dunha hora levou extinguir o lume e restablecer a normalidade na zona. Desaloxaron os veciños con síntomas leves de intoxicación por fume e dous traballadores foron trasladados ao hospital polas lesións provocadas polo presunto agresor. O home, que se resistiu á policía, foi detido a poucos metros do lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade