Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iker Losada, decisivo con oito goles e sete asistencias no Rácing

Iker Losada, decisivo con oito goles e sete asistencias no Rácing

O Rácing recupera sensacións fronte ao Valladolid (2-0)

Tras seis partidos sen vitoria, os ferroláns suman tres puntos para seguir preto do play off

G24.gal 18/03/2024 16:09 Última actualización 18/03/2024 16:17

Rácing de Ferrol volve á senda da vitoria tras máis dun mes sen sumar de tres. A última vitoria ferrolá databa do 28 de xaneiro no Molinón; dende aquela, tres empates e tres derrotas que rebaixaron a euforia da primeira volta.

Na Malata, fronte ao Valladolid, un rival directo por loitar por un hipotético play off, os de Parralo recuperaron sensacións positivas. O inicio non era favorable: penalti de Álex López sobre Monchu que Marcos André lanzou ao traveseiro. A partir desa xogada o Racing comezou a animarse en ataque, e no 18 da primeira metade, Nico Serrano anotaba o seu primeiro gol coa camisola verde. Co gol, os galegos pausaron o encontro e levaron a iniciativa ata o descanso, ao que se chegou con ese 1-0.

O comezo da segunda metade foi semellante ao final da primeira, ata que no 62 de encontro Iker Losada anotou un gran gol para poñer marxe e tranquilidade aos galegos. Oitavo gol do xogador de Catoira que leva tamén sete asistencias.

"Tiñamos a idea da semana de ser nós, de ter o balón. Hoxe deuse o noso xogo e estamos moi felices de conseguir os tres puntos co bo xogo que fixemos".

Co 2-0, o Racing puido controlar o partido e non sufrir en exceso, e unha vez os visitantes quedaron con dez, pola expulsión de Tarrega, o partido quedou totalmente sentenciado.

Triunfo chave que deixa os de Parralo en novena posición con 47 puntos, a dous do play off e 17 por encima do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos