Publicador de contidos

Publicador de contidos

III Encontro Galego de Cultura Popular Serán03

III Encontro Galego de Cultura Popular Serán03

As pandeireteiras serán as protagonistas deste festival folclórico

G24.gal 10/06/2022 20:23 Última actualización 10/06/2022 20:41

Hoxe en día é imposible entender a música galega sen a figura das pandeireteiras, e o Serán que regresa tras dous anos de pandemia congregará un milleiro de artistas e intérpretes arredor dun dos instrumentos fundamentais do noso folclore.

Nesta convocatoria toca reivindicar a pandeireta despois de que nas primeiras edicións levaran o protagonismo o baile tradicional e as bandas de música populares. O rexurdimento da pandeireta vén de lonxe, pero ultimamente da man das Tanxugueiras vive, quizais, o seu mellor momento

Pero o Serán é moito máis. O termo xa fai referencia ás festas e reunións dos veciños nas aldeas e vilas galegas, que se realizaban varios días á semana despois do traballo, servindo así de momento de lecer e de reunión social.

Este III Encontro da Cultura Popular Galega quere convidar todo o público a tres días de festa, para tocar e bailar, para reencontrarnos e mostrar a creatividade e a riqueza da nosa música e do noso baile.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade