Publicador de contidos

Publicador de contidos

Idiakez: "Se estamos ao nivel, somos capaces de remontar calquera distancia"

Idiakez: "Se estamos ao nivel, somos capaces de remontar calquera distancia"

O Deportivo recibe a Real Sociedade B, segundo mellor visitante

Foto @RCDeportivo
G24.gal 03/01/2024 14:29 Última actualización 03/01/2024 14:35

Imanol Idiakez, adestrador do Deportivo, compareceu en conferencia de prensa para analizar a actualidade branca e azul e o partido que mañá enfrontará o seu equipo en Riazor ante a Real Sociedade B, segundo mellor visitante do Grupo 1 de Primeira Federación. Regreso tras a parada do Nadal. 

"Con ganas. A vitoria do último partido reforzounos a todos por como foi. Foi unha demostración de personalidade e orgullo. Esas remontadas en campos tan difíciles fannos mellores".

Malia o calendario inmediato e distancia de puntos co liderado, o técnico deportivista cre posible a remonta.

"En cada ano ven remontas así. Nós somos o gran potencial e se nós estamos ao nivel que temos que estar, somos capaces de remontar calquera distancia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade