Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identifican o condutor do coche que quedou pendurado dunha ponte en Ferrol

Identifican o condutor do coche que quedou pendurado dunha ponte en Ferrol

Acúsano de dous delitos contra a seguridade viaria: un por condución temeraria e outro por provocar un grave risco para a circulación

Só falta por identificar o terceiro ocupante do coche

Buscan os ocupantes dun coche que quedou pendurado dunha ponte en Ferrol

G24.gal 18/07/2023 16:15

A Policía Local de Ferrol identificou o condutor do vehículo que na madrugada do pasado xoves, 13 de xullo, quedou colgado da ponte da Estrada de Xoane, sobre a autoestrada AP-9.

Trátase dun home de 27 anos, veciño de Ferrol, que, a pesar do aparatoso do accidente non sufriu lesións.  

Nun principio, o home asegurara que alguén usou o seu vehículo de forma ilexítima para eludir as responsabilidades, pero finalmente resultou ser non só o propietario do Opel Astra accidentado, senón tamén o condutor nese momento.  

Agora está a ser investigado como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por condución temeraria e outro por provocar un grave risco para a circulación e non restablecer a seguridade da vía, ao deixar o coche colgando sobre a FE-15, co perigo de que puidese caer en calquera momento.  

Cabe lembrar que, despois do sinistro, os tres ocupantes que se sospeita ían no vehículo se deron á fuga, co turismo soamente sostido polos restos da varanda contra a que se encaixou.  

Co investigado viaxaba outro home, de 22 anos e veciño tamén de Ferrol, que presentaba feridas de carácter leve.

A Policía continúa coas investigacións, xa que ten constancia de que no momento do accidente había un terceiro ocupante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade