Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificado o asaltante dunha tenda de lambonadas en Pontevedra

Identificado o asaltante dunha tenda de lambonadas en Pontevedra

O ladrón colleu os cartos da caixa e mesmo lle deu tempo a beber un refresco da neveira

As cámaras do establecemento foron clave na investigación

G24.gal 04/06/2026 13:55

A propietaria decatouse do roubo a primeira hora da mañá cando chegou para abrir a tenda.

Cunha pedra de grandes dimensións rompeu o cristal da porta e accedeu ao interior da tenda. O primeiro obxectivo foron os cartos da caixa rexistradora. Golpeouna para conseguir abrila e roubar preto de trescentos euros da recadación. 

Tamén causou distintos danos na zona de paquetería do establecemento que tamén funciona como punto de entrega e recollida de envíos.  

O asaltante estivo media hora dentro do establecemento, tomouse o seu tempo para beber un refresco da neveira e encher a mochila de lambiscadas. A Policía Nacional abriu unha investigación e xa logrou identificar o ladrón.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade