Buscan os ladróns que entraron roubar nun garaxe no barrio de Conxo, en Santiago
Hai oito veciños afectados que xa presentaron denuncia
Din que senten inseguridade e reclaman maior presenza das forzas de seguridade nas rúas
As imaxes gravadas polo sistema de seguridade deste vehículo de alta gama serán fundamentais na investigación policial aberta, xa que poden contribuír á identificación dos autores do roubos no garaxe dun edificio da rúa García Prieto, en Santiago.
"Os datos que temos temos unha persoa recollida na cámara dun coche, pero a policía estima que son dúas persoas", di Pablo Arufe unha das vítimas dos roubos.
Eran arredor das 6 e media da mañá e entraron forzando a porta do estacionamento.
"Saltoume a alarma pero non lle fixen caso e cando cheguei tiña tres cristais rotos", "O meu son máis de 2.000 euros".
"A porta estaba forzada de todo, non é que quedara aberta", di.
Hai oito propietarios afectados que xa presentaron denuncia.
"Eu tiven a sorte ou o descoido de que me quedou sen pechar. Roubáronme dous mandos, unhas moedas, unha tableta e revolveron todo, pero a outros veciños rompéronlles os cristais. É lamentable que pasen estas cousas", di outra dos afectados.
Piden unha maior presenza policial nas rúas da zona nova de Compostela.
"Roubaron noutros garaxes".
"Pedimos máis presenza policial, estas cousas pasarían igual, pero ás veces a inmediatez non é a que se espera", explican.