Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Tomiño como suposto autor dun roubo con forza nunha vivenda

Detido un veciño de Tomiño como suposto autor dun roubo con forza nunha vivenda

O tribunal de instancia de Tui, decretou que o investigado comparecerá cando sexa requirido

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 04/06/2026 10:04

O Equipo EBIO da Garda Civil de Tui detivo a un veciño de Tomiño, de 55 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza cometido nunha vivenda unifamiliar da mesma localidade, ocorrido o día 27 de maio.

A investigación iniciouse tras unha denuncia interposta polo propietario da vivenda e as pescudas permitiron identificar ao suposto autor, do que a Garda Civil sospeita que utilizou unha chave falsa obtida ilicitamente.

O sospeitoso, con numerosos antecedentes policiais, foi detido o pasado martes. Os axentes puideron recuperar varios obxectos, como un televisor, un deshumidificador e a chave de acceso á vivenda.

As dilixencias foron postas en coñecemento do tribunal de instancia de Tui, onde terá que comparecer o investigado cando sexa requirido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade