Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Iberia denuncia que 15.000 pasaxeiros perderon o avión en Baraxas dende marzo polo caos no control de pasaportes
Iberia denuncia que 15.000 pasaxeiros perderon o avión en Baraxas dende marzo polo caos no control de pasaportes
O ministro de Interior nega que falten policías para este labor
                            G24.gal
                        
                            07/06/2022 08:41
                        
                        
                        
                        
                    
                    Chega o verán e increméntase o tránsito nos aeroportos. A compañía Iberia denuncia que 15.000 pasaxeiros perderon o avión en Baraxas dende marzo polo caos no control de pasaportes.
O ministro de Interior nega que falten policías para este labor, pero a aeroliña volveu denunciar que o luns os problemas na zona de control de pasaportes os obrigou a atrasar voos.
Di que esta situación afecta tamén outros destinos turísticos. Os pasaxeiros de voos internacionais xa se preocupan, por se acaso, de chegar con tempo.