Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas, a grande esperanza do Celta na última xornada

Iago Aspas, a grande esperanza do Celta na última xornada

G24.gal 03/06/2023 15:16

A lenda de Salvador Iago Aspas naceu en Balaídos un domingo 6 de xuño ante o Alavés

Aquel día o Celta necesitaba gañar para lograr a salvación matemática.

Como a hora de xogo o encontro ía con empate a cero, Eusebio reclamou a súa presenza e Iago respondeu logrando dous tantos nos últimos dez minutos.

Desde entón a relación de Aspas cos goles nas últimas xornadas converteuse nunha constante. 

Ata tal punto, que en catro das seis últimas temporadas, o de Moaña sempre marcou no último partido.

Especial relevancia tiveron as súas dúas dianas ante o Raio na temporada 2018-19 no que se deu en chamar o día da reconquista e que lle serviron para confirmar a permanencia en Primeira.

Pero se hai un aspecto que ilusiona no celtismo e que o Barcelona é unha das vítimas favoritas do dianteiro galego. 

De feito, tralo seu regreso o equipo en 2015, Aspas fíxolle dez goles os azulgrá en oito temporadas, tres deles na pasada campaña.

Agora só queda que as dúas pezas encaixen e que o Celta poda festexar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar