Publicador de contidos

Publicador de contidos

O representante asegura que a renovación de Aspas "será cara ao final da temporada"

O representante asegura que a renovación de Aspas "será cara ao final da temporada"

Jonathan Aspas atendeu a Televisión de Galicia na previa do partido contra o Boloña da Europa League

G24.gal 11/12/2025 13:41

O ano pasado houbo un agasallo de Nadal para todo o celtismo co anuncio da renovación de Iago Aspas. A quince días desa data estivemos con Jonathan, irmán e representante do xogador de Moaña. Entende que a decisión do mellor xogador da historia do club "será máis cara ao final da temporada" aínda que chanceou con que este ano sería un bo agasallo de Reis. 

Segundo Jonathan Aspas, o dianteiro do Celta é lóxico que teña menos minutos que outras temporadas. "A idade pasa para todos. A calquera futbolista lle gusta xogar, pero el ten un papel moi importante no equipo como capitán. Hai moitos partidos e ten que dosificar os esforzos", asegurou á Televisión de Galicia

Escoita a entrevista completa con Jonathan Aspas, irmán e representante de Iago Aspas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade