Vigo vive a resaca emocional que deixou a noite máxica en Balaídos
A homenaxe a Iago Aspas transcendeu o fútbol e hoxe é o tema de conversa nas rúas da cidade
Os vigueses debaten ademais o lugar onde se levantará a estatua que inmortalizará o capitán celtista
Desde primeira hora da mañá nos bares, nas rúas e nos centros de traballo a conversa volve sempre ao mesmo nome: Iago Aspas. Tras a pitada do final do partido, ninguén marchou do estadio. Os afeccionados permaneceron nas bancadas para emocionarse co futbolista polos cincocentos trinta e catro partidos coa camiseta do Celta.
Caras de emoción, bágoas e un silencio respectuoso entre os afeccionados ante un espectáculo con drons sobre a noite de Vigo lembrando a traxectoria de Aspas no Celta desde que era un cativo ata agora, que ten trinta e oito anos.
A emoción non queda só nesta noite e os vigueses xa pensan en cal será o mellor lugar para levantar a estatua que lle prometeu a cidade.