Hugo Novoa, a promesa do Leipzig que soña con xogar no Deportivo
Hugo Novoa, a promesa do Leipzig que soña con xogar no Deportivo
O dianteiro de Bertamiráns atendeu á TVG na concentración coa selección sub-21
O pasado 21 de maio, o estadio Olímpico de Berlín foi escenario dun fito histórico para o Leipzig, e de paso, para o fútbol galego cando dous rapaces, un de Coristanco e outro de Bertamiráns levantaban o primeiro título do conxunto xermano desde a súa fundación. Tratábase de Anxeliño e de Hugo Novoa quen, con tan só 19 anos, gañaba o seu primeiro título internacional.
O dianteiro santiagués viviu un ano de vertixe. Tras comezar a Liga co equipo sub 19 onde marcou sete goles en tres partidos, estreouse na Bundesliga cun gol os tres minutos de entrar no campo, converténdose no goleador máis novo na historia do Leipzig.
Un gol que lembraba aqueles marcados nas categorías inferiores do Deportivo o carón de Trilli, Barcia, Jairo ou Noel e onde soña con voltar algún día. Hugo Novoa, de Carballo a Berlín en sete anos, unha carreira a toda velocidade.