Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo fala da presión aos canteiráns: "Sendo da casa afecta cando se pasan na crítica"

Hugo Mallo fala da presión aos canteiráns: "Sendo da casa afecta cando se pasan na crítica"

O capitán falou para a Televisión de Galicia do reto de chegar aos números de Manolo como xogador do Celta con máis partidos oficiais

Coudet "está chalado"; Mallo asegura que seguiu todos os adestramentos do equipo desde A Arxentina

G24.gal 12/10/2022 15:51 Última actualización 13/10/2022 12:17

Hugo Mallo ten moitos partidos de alto nivel ás costas e ao seu carón xogaron moitos canteiráns que non aguantaron a presión de Balaídos. "Sendo da casa afecta cando se pasan na crítica e vin xogadores que non daban todo o que podían dar cando xogaban en Balaídos". 

Tamén reflexionou sobre Coudet: "Está chalado, é un tolo do fútbol". Mentres estivo na Arxentina por un problema persoal os capitáns pedíronlle que se esquecese un pouco do equipo "pero estaba ao tanto de todo, sabía o que pasara en cada adestramento". 

Hugo Mallo segue sumando partidos. Desde que tiña 18 anos, o de Marín leva 14 temporadas no 1ª equipo. Son xa 429 partidos oficiais. No horizontre aparecen os 533 partidos de Manolo, o gran capitán. Hugo Mallo ansia achegarse a ese record de encontros. 

O próximo domingo o Celta terá como rival a Brais Méndez, o novo ídolo da Real Sociedade. Será o primeiro partido de Brais en Balaídos defendendo o escudo doutra camiseta que non sexa a celeste. A adaptación de Brais á Real Sociedade foi tan rápida como sobresaínte. Hugo Mallo, compañeiro en mil batallas de Brais, sabe que o domingo terán que estar moi vixiantes, atar en curto a un amigo. Ainda que a Hugo non lle sorprende a evolución no xogo de Brais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar