Cargando resultados...
Hoteis da provincia de Pontevedra ofrecerán aloxamento aos refuxiados
A iniciativa aínda está por concretar
G24.gal
06/03/2022 14:14
A Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra está a analizar ofrecer aloxamento e roupa de cama aos refuxiados que o poidan precisar. A iniciativa aínda está por definir.
Pero hai establecementos do Salnés e do Val Miñor que xa ofreceron as súas instalacións e a federación está xa en conversas coa concelleira de benestar social de Vigo.
A partir do 14 de marzo un grupo de autocaravanistas en que está un vigués sairán de Barcelona cos seus vehículos para recoller refuxiados na fronteira polaca. Tamén levarán alimentos e medicación.