Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hoteis case ao completo estes días en Viveiro

Hoteis case ao completo estes días en Viveiro

Moitas das reservas foron de última hora

G24.gal 10/04/2022 14:52

Visitamos un hotel ás aforas de Viveiro, cerquiña do porto de Celeiro.
Satisfacción coas previsións que teñen para a Semana Santa.

Parece que a pandemia mudou algo os hábitos á hora de facer as reservas nos hoteis, xa que moitos esperan ata última hora para poder reservar con seguridade.
Con todo, satisfacción no sector polas boas previsións que hai.
Interesámonos, tamén, nun hotel do centro da cidade.

Non teñen medo de que non se ocupen os poucos cuartos que quedan libres para a fin de semana que vén. Sen dúbida, as reservas de última hora axudarán a que se enchan o cen por cento das prazas hoteleiras da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade