Cargando resultados...
Casa Histórica de Cambados, a vivenda que Elena converteu en atracción turística
Ofrece obras de arte, un trasteiro secreto tras unha librería e moita historia en cada obxecto
Reconstruída en 1780, foi dende casa de baños ata fonda
Elena, a súa propietaria, ábrelle a porta a todo aquel que queira visitala
G24.gal
03/05/2025 13:30
Última actualización 02/05/2025 20:11
Unha vivenda particular converteuse nunha exitosa atracción turística de Cambados. Elena, a súa propietaria, ábrelle a porta a todo aquel que queira visitala. Ela mesma se encarga de desvelar as sorpresas que ofrece a casa. Goza contando cada detalle, di que non quere que os visitantes pasen por alí "coma maletas por un aeroporto". E a súa voz e todo o que hai dentro conseguen unha viaxe no tempo.