Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida en Ares unha muller de 23 anos en busca e captura por cinco ordes de prisión en Gran Canaria

Detida en Ares unha muller de 23 anos en busca e captura por cinco ordes de prisión en Gran Canaria

Parárona nun control de seguridade cidadá e xa ingresou no cárcere

G24.gal 23/09/2025 19:27

A Policía Local de Ares detivo unha muller de 23 anos sobre a que pesaban cinco requisitorias xudiciais de busca e ingreso en prisión emitidas por diferentes xulgados de Gran Canaria.

A detención produciuse no marco das tarefas de prevención de seguridade cidadá e coa colaboración da Garda Civil, despois de que os axentes tivesen indicios de que a sospeitosa se atopaba na zona.

O operativo desenvolveuse o pasado 11 de setembro, cando se estableceu un control nun punto clave do municipio. Alí foi interceptado o vehículo no que viaxaba a muller, que quedou identificada como a persoa reclamada pola xustiza.

Tras a súa detención, pasou a disposición xudicial e ingresou despois no cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade