Cargando resultados...
Hora e media para viaxar en tren dende Ferrol ata A Coruña
Usuarios denuncian que a espera na estación de Betanzos-Infesta é como mínimo de 20 minutos

G24.gal
26/01/2023 14:08
As nove menos vinte da mañá é a hora fixada para a saída dun dos sete trens que a diario fan o percorrido entre Ferrol e A Coruña. Dúas cidades separadas por apenas 54 quilómetros que por estrada se farían en pouco máis de media hora.
A cousa cambia cando escollemos o tren que ata chegar a destino aínda ten un transbordo polo medio, polo que esa media hora por estrada se transforma, sen ter en conta imprevistos, en hora e media de viaxe.