Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homenaxe de Dava Torres ao seu pai

Homenaxe de Dava Torres ao seu pai

O capitán honrou a súa figura con dous goles

G24.gal 27/10/2021 11:19

Triunfo do Liceo contra o Alcoi nun partido marcado polo falecemento de Vicente Torres.

As olladas estaban postas no seu fillo. Dava Torres, o gran capitán, decidiu xogar e marcou os dous primeiros goles. Goles dedicados á memoria do seu pai. O Liceo derrotu o Alcoi por 7 goles a 3. Vai á parada de decembro coa 2ª praza na clasificación, con 19 puntos de 24 posibles. Agora chegará o Europeo de seleccións, pero onte foi o encontro máis emotivo da Dava Torres. Non xogou no Palau, pero esta vez si tiña que volver á pista.

"Foi difícil pero sentía que meu pai quería que xogase hoxe. Sentinme moi arroupado", comentou á conclusión do encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar