Empate insuficiente do Liceo contra o Forte italiano (3-3)
Empate insuficiente do Liceo contra o Forte italiano (3-3)
Partido espectacular, en que os dous equipos xogaron ao ataque porque só lles valía o triunfo
Só lle valía a vitoria ao Liceo para ter opcións nas dúas últimas xornadas da fase de grupos da Champions e o empate contra o Forte dei Marmi italiano deixa nun imposible a clasificación para os cuartos de final.
O partido comezou ben, co gol de Pablo Cancela no primeiro tempo. Pero na segunda parte, os dous equipos foron a por todas e converteuse nunha sucesión de oportunidades que deixou un partido moi entretido e incerto. Ambrosio empatou, Sito Ricart volveu poñer os liceístas por diante e o Forte remontou cos goles de Compagno e do propio Ambrosio.
A dous minutos do final, Sito Ricart volvía anotar (3-3). O partido tivo un final de tolos porque tanto o Liceo como o Forte tiveron cadansúa oportunidade no último minuto cunha falta directa. Ningún dos dous atinou e sumaron un punto que de pouco lle vale a calquera dos conxuntos.