Publicador de contidos
Publicador de contidos

A RAG fai deste 17 de maio unha reivindicación da obra de Villalta e do seu compromiso

A RAG fai deste 17 de maio unha reivindicación da obra de Villalta e do seu compromiso

As académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e o académico Euloxio R. Ruibal glosan con paixón a traxectoria da homenaxeada neste Día das Letras

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, pide unha reflexión colectiva sobre o futuro do galego e insta á clase política a tomar a iniciativa ante unha situación que "preocupa"

G24.gal 17/05/2024 14:18 Última actualización 17/05/2024 14:28

O acto central do Día das Letras, con académicos, familiares e amigos de Luísa Villalta e tamén veciños da Coruña, serviu para reinvidicar a Villalta nas súas múltiples facetas, como poeta, articulista, autora de teatro, música ou profesora. E tamén como militante, cun gran compromiso social, feminista, nacionalista e moi activa na defensa do galego.

Precisamente, o presidente da Academia botou man do seu exemplo para pedir agora unha reflexión colectiva sobre o futuro do noso idioma e ampliar o seu uso, con especial atención ás xeracións máis novas. 

A sesión comezou cunha das grandes paixóns de Luísa Villalta, xunto coa literatura, o violín. Que, ademais, marcou moitas das súas obras, sempre cruzando música con poesía ou con pezas teatrais como 'Concerto para un home só'. 

Ata estas letras Galegas, Villalta era coñecida sobre todo como poeta, pero foi tamén autora de ensaios e artigos, reunidos postumamente, no 'Libro das columnas', que mostra o seu fondo sentido de comunidade 

Sempre comprometida, o presidente da Real Academia destacou o activismo de Villalta co galego. E dende exemplos como o seu, fixo un chamamento a repensar colectivamente o futuro do idioma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade