Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucas Pérez e Iago Aspas emprázanse para o partido da selección galega

Lucas Pérez e Iago Aspas emprázanse para o partido da selección galega

Lucas: "Non sei se poderei ir, pero sería un pracer. Oxalá"

Aspas: "Os dous fixemos moita forza para a volta da selección, gustaríame que estivese"

G24.gal 17/05/2024 11:50 Última actualización 17/05/2024 11:58

Televisión de Galicia conseguiu na noite do xoves algo que só será posible, polo menos de momento, no programa de Roberto Vilar, Land Rober Tunai Show. O dianteiro do Deportivo Lucas Pérez era o convidado estrela e aínda que eran moitos os que esperaban ansiosos a chegada do dianteiro do Dépor, tiveron que esperar ata as once menos vinte para poder verlle aparecer, coa camiseta verde de Feiraco, a de Djalminha.

Unha sorpresa foi nada menos que unha conexión co dianteiro do Celta Iago Aspas.

"A relación é moi boa", afirmou Lucas.

"O primeiro, darche os parabéns polo ascenso, que algo moi bo para Galicia enteira", contestoulle Aspas.

Ambos coincidiron en que cada un ten que defender as súas cores pero esa rivalidade non ten que ir máis aló.

Tamén falaron do partido da selección galega ante Panamá

Lucas: "Non sei se poderei ir, pero sería un pracer. Oxalá"

Aspas: "Os dous fixemos moita forza para a volta da selección, gustaríame que estivese"

Lucas admitiu que ten unha foto de Aspas coa selección galega en Riazor na súa casa e que, ademais, teno no Comunio e que onte lle amolou que fose suplente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade