Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo pon fin á aventura na Champions cunha derrota na Coruña

O Liceo pon fin á aventura na Champions cunha derrota na Coruña

O Barcelona gañou por 2-4 nun partido apertado que se decidiu no último segundo

G24.gal 01/03/2024 07:39

Xa estaba eliminado da Champions o Liceo, pero tomou o partido ante o Barcelona coa máxima intensidade. Perdeu por 2-4, pero as sensacións foron boas despois de pelexar co líder do grupo europeo e da OK Liga ata o último segundo. 

Mediado o primeiro tempo o Barça colleu vantaxe de dous goles nun par de accións brillantes de Marc Grau e Alabart. O Liceo conseguiu recortar diferenzas no segundo tempo grazas a Dava Torres, pero un par de minutos máis tarde Alabart volvía poñer a marxe de dous goles. 

O Liceo xogou con moita determinación o segundo tempo e Fabrizio Ciocale volvía deixar o partido emocionante co segundo gol. Durante moitos minutos, o equipo coruñés pelexou polo terceiro empate da competición, pero no último suspiro Marc Grau, cando o rival xogaba sen porteiro logo dun cartón azul a Carballeira, marcou o gol definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade