Cargando resultados...
Homenaxe ao humorista gráfico Chichi Campos no Día da Ilustración
Na Cidade da Cultura inaugúrase unha mostra que reúne parte das publicacións

G24.gal
30/01/2024 21:55
Última actualización 30/01/2024 22:20
O Día da Ilustración réndelle homenaxe o día 30 ao artista Chichi Campos, considerado como un dos pioneiros da banda deseñada e todo un mestre do humor gráfico.
Na Cidade da Cultura inaugúrase unha exposición que reúne parte das publicacións en que colaborou Chichi Campos, e tamén moitos bosquexos e debuxos orixinais do autor.
Unha oportunidade para coñecer mellor o universo gráfico deste heterodoxo artista.