Histórico 47 de valoración da ourensá Raquel Carrera nas semifinais de baloncesto feminino
A pivote do Valencia Básket anotou 29 puntos e capturou 9 rebotes na mellor actuación individual dunha xogadora nos últimos 15 anos

A ourensá Raquel Carrera completou un partido para a historia na ida das semifinais de baloncesto feminino no partido que xogaron o Perfumerías Avenida e o Valencia Básket. A xogadora galega foi a máxima anotadora do Valencia e factor decisivo para que o seu equipo chegue con vida ao partido de volta logo do empate 76-76.
Carrera anotou 29 puntos cunhas porcentaxes do 92 % en lanzamentos (11/12 en tiros de campo e 4/4 nas triplas). Colleu 7 rebotes, roubou 3 balóns, deu 1 asistencia, forzou 9 faltas e logrou unha valoración de 47, a máis alta nun play off da Liga Feminina nos últimos 15 anos. A última vez que unha xogadora conseguira en play off unha marca tan alta de valoración fora Sancho Lyttle en 2009.
🗣️Así ha visto @raquelcarrera_ el partidazo entre @CBAvenida y @valenciabasket (76-76)
— RadioEsport Valencia (@Radioesport914) May 1, 2025
🎙️@abelaguado_ pic.twitter.com/2XcLbqiV1t