Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hidratación, alimentación e fotoprotección para protexer a pel do sol

Hidratación, alimentación e fotoprotección para protexer a pel do sol

G24.gal 07/05/2024 21:39 Última actualización 07/05/2024 22:18

Coa temporada estival ás portas e cos días de sol e calor enriba, toca tomar boa conta dos coidados que precisa a nosa pel para evitar efectos non desexados.

"Hidratar ben a pel con cremas emolientes que habitualmente se chaman hidratantes para que a pel estea en mellores condicións e soporte mellor as agresións físicas propias da época solar", apunta o xefe do Servizo de Dermatoloxía do CHUAC Eduardo Fonseca Capdevila. 

Tamén contribúe unha alimentación axeitada, en que non poden faltar os vexetais, especialmente aqueles de cor laranxa ou vermella. "É importante consumir eses alimentos que conteñen moitos antioxidantes, que fan que a nosa pel estea máis preparada fronte a agresión, para non queimarnos e que formemos a melanina máis rápido", sinala a dietista-nutricionista Fátima Branco.  

Os expertos coinciden en que a mellor maneira de preparar a pel fronte ao sol é tela sa e hidratada todo o ano. Chegada esta época, aconsellan pasar á acción, evitar as exposicións prolongadas e facer uso da fotoprotección.

Segundo afirma o xefe do Servizo de Dermatoloxía do CHUAC a única "fotoprotección medible e estandarizable é a fotoprotección por vía tópica". É dicir, son as cremas nas súas viariadas presentacións. Outra opción é a fotoprotección total: "A fotoprotección pantalla, como é a roupa, os sombreiros, parasoles, unha parede de ladrillo". 

Calquera sistema que permita evitar as temidas queimaduras ou o dano por acumulación de exposición solar, factores de risco do cancro de pel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade