Cargando resultados...
Gustavo Rey, campión galego de tiradores de cervexa
Gustavo Rey, campión galego de tiradores de cervexa
Os mellores tiradores de cervexa déronse cita na Coruña para elixir os dous representantes galegos no certame nacional
G24.gal
05/04/2022 13:52
Os mellores tiradores de cervexa citáronse hoxe na Coruña para elixir o campión e subcampión que representarán a Galicia no certame nacional.
Destas olimpíadas, que teñen como escenario o museo Estrella Galicia, sairos os dous mellores á hora de servir unha cervexa de billa ou de botella. Unha arte que cada vez coidan máis bares e restaurantes e que ten os seus segredos, tal como asegura o campión galego.