Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guindando farois para poder aparcar no polígono de Sequeiros, en Barro

Guindando farois para poder aparcar no polígono de Sequeiros, en Barro

Tres farois derrubaron xa os camións que tratan de manobrar neste espazo empresarial privado

G24.gal 12/01/2026 13:22

Farois caídos ou directamente desaparecidos no polígono de Sequeiros, en Barro.

Os empresarios con naves aquí levan tempo queixándose de que o deseño dos aparcadoiros e a colocación do mobiliario urbano impide que os camións manobren con normalidade.

O problema é que levan tres anos así. Os usuarios do polígono láianse de que non funcionan, que polas noites semellan un descampado, e que os camións non teñen espazo para manobrar.  

O que debería ser unha zona de acceso doado para carga e descarga é unha tortura para os condutores de vehículos de gran tonelaxe. As prazas de aparcadoiro en batería fronte ás naves bloquean o radio de xiro que precisan os camións. 

Moitos temen que calquera día haxa unha desgraza, porque avisos xa houbo. Os traballadores de empresas do polígono lembran que un dos farois caeu enriba do teito dun vehículo.

Dende o concello de Barro amosan a súa dispoñibilidade para valorar a situación das infraestruturas, pero lembran que este polígono situado na parroquia de Portela é de carácter privado. Tamén salientan que o concello non ten a responsabilidade de reparar os danos no mobiliario urbano causados por vehículos privados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade