Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guerreiras do dragón contra o cancro

Guerreiras do dragón contra o cancro

En Berducido, Pontevedra, celebrouse a II Copa de España de Barco Dragón onde puidemos ver competindo a primeira tripulación BCS de Galicia

Falamos dunha modalidade composta só por mulleres diagnosticadas de cancro de mama

G24.gal 25/06/2022 20:35 Última actualización 25/06/2022 21:04

Apenas levan tres meses de adestramentos, pero todas elas xa conforman o primeiro equipo galego de BCS da escola de piragüismo Cidade de Pontevedra. 

Un deporte milenario de orixe chinesa, semellante ao piragüismo, que lles está axudando a recuperarse das secuelas do cancro de mama.

As pacientes melloran considerablemente a nivel muscular e anímico. Sobre todo aquelas que acaban de pasar por unha intervención cirúrxica.

500 metros separan estas deportistas da liña de meta. Un percorrido intenso no que é fundamental o traballo en equipo. Con cada padexada cara adiante están reivindicando visibilidade e máis investigación.

Porque estas guerreiras do dragón queren seguir gañando batallas, dentro e fóra da auga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade