Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran partido de Jessica Bouzas, que adiantou a España diante de Australia na United Cup

Gran partido de Jessica Bouzas, que adiantou a España diante de Australia na United Cup

A vilagarciá debutou no cadro individual diante da australiana Gadecki cun triunfo por 6-2 e 6-2

Finamente España perdeu 3-2 ante Australia

G24.gal 03/01/2023 08:47 Última actualización 03/01/2023 14:46

A tenista vilagarciá Jessica Bouzas gañou o segundo punto para España na eliminatoria contra Australia correspondente á United Cup de tenis que se está a celebrar en Sydney. 

Bouzas, que xa debutara no partido de dobres da anterior eliminatoria diante de Gran Bretaña, xogou o seu primeiro partido individual contra Olivia Gadecki. O resultado (6-2, 6-2) deixa ás claras a superioridade da galega ao longo do encontro. 

Co punto acadado por Jessica Bouzas, o equipo español lograba poñerse cunha vantaxe de 2-1 na eliminatoria despois da derrota de Rafa Nadal diante de De Miñaur (6-3, 1-6, 5-7) e a vitoria de Nuria Párrizas diante de Maddison Inglis (6-1, 6-3). Unha vitoria de Albert Ramos no cuarto encontro daríalle o triunfo e a segunda posición no grupo a España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade