Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grande animación nas prazas e mercados galegos en véspera de Noiteboa

Grande animación nas prazas e mercados galegos en véspera de Noiteboa

Moita animación nas prazas galegas nesta véspera de Noiteboa, favorecida pola grande oferta de produtos e uns prezos contidos, polo xeral

Entre os produtos máis demandados, a ameixa e a zamburiña, entre os mariscos, e o cabrito e o año de leite entre as carnes

Moita animación nun mercado de Vigo
G24.gal 23/12/2021 13:28

E véspera de Noiteboa e nótase na actividade das prazas e mercados de toda Galicia, máis concorridos que nas xornadas previas.

Desde primeira hora foron moitas as persoas que se achegaron aos postos de venda na procura dos produtos cos que completar o menú da cea de mañá, e, se á a bo prezo, mellor. 

Entre os máis solicitados, os mariscos, que este ano non subiron tanto de prezo como se podía esperar. "Estas festas eu penso que nunha mesa non pode faltar a ameixa, e a xente anímase moito á ameixa. Pois mira, de 60 quilos de babosa quedan estes 6, quero dicir, foise vendendo bastante ben a ameixa, e despois voandeira".

"A centola, a grande o ano pasado fora a 35 e este ano está a 30. Despois tedes a cigala, que o ano pasado fora a 80 e pico e hoxe está a 70."

Para os que son máis de carne, as opcións son tamén variadas, ao igual que os prezos:"Eu teño bastante encarga, sobre todo de cabrito, año de leite e capón. E a caza teño tamén moita encarga, de momento non me queixo."

Os que non atoparon o que buscaban ou non tiveron tempo para achegarse ao mercado, mañá pola mañá aínda estarán a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade