Cargando resultados...
Gómez Besteiro cesará a próxima semana como delegado do Goberno en Galicia
Amosouse moi ilusionado por ser candidato ao Congreso
G24.gal
08/06/2023 14:36
Xosé Ramón Gómez Besteiro cesará a próxima semana como delegado do Goberno en Galicia para ser cabeza de lista polo partido socialista en Lugo. Así o confirmaba o propio Gómez Besteiro, que se amosou ilusionado coa súa candidatura.
"Estou moi contento, alegre e ilusionado. Con moitísima motivación, porque para min foi un pracer que onte o comité provincial de Lugo do meu partido me propuxera para encabezar esa lista ao Congreso.É un orgullo e un honor, e estou disposto a deixarme a pel como fago sempre", asegurou.