Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gomeán revive a súa feira tal e como era hai cen anos

Gomeán revive a súa feira tal e como era hai cen anos

Só se permitiron produtos artesáns e razas de gando autóctonas

Celebrouse na mesma carballeira que hai un século

G24.gal 13/08/2023 14:22 Última actualización 13/08/2023 15:01

A construción da estrada de Madrid puxo fin á feira de Gomeán, no Corgo. Cen anos despois, os veciños quixeron recuperala tal e como era hai un século. E foron moi rigorosos niso.

Proba desa lealdade co pasado é a mostra de gando. Os exemplares que se exhiben son todos de razas autóctonas, que eran as maioritarias naquela época e que desfrutan da carballeira.

Na feira apenas hai concesións á modernidade e os produtos que se venden son todos artesáns. Dende o xabón de graxa de porco ata as zocas ou os cestos.

E, como antano, os mozos desempeñan os oficios dende antes da maioría de idade, como un zoqueiro de só 16 anos.

Semella, pois, que, por un día, Gomeán regresou ás vivencias de hai un século.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar