Publicador de contidos

Publicador de contidos

Golpe de autoridade do Compostela en Guijuelo (2-3)

Golpe de autoridade do Compostela en Guijuelo (2-3)

Fer Beltrán (2) e Darío Germil marcaron os goles do equipo santiagués

G24.gal 26/02/2023 19:52

O Compostela recupera a segunda posición grazas á súa vitoria por 2-3 no difícil campo do Guijuelo. Fer Beltrán, con dous goles, foi o gran protagonista do partido. 

O xogador chantadino marcou ao pouco de principiar o partido. Empatou o Guijuelo cun tanto de Giráldez, pero outra vez Beltrán acertou coa porta salmantina antes do descanso. 

Ao pouco de principiar a segunda parte Darío Germil anotou o 1-3 e o Compostela pasou a manexar con certa comodidade o partido. O impulso final do Guijuelo permitiulle acurtar diferenzas grazas ao gol de Caramelo, insuficiente para empatar, aínda que os locais tiveron unha boa ocasión no engadido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos