O Barça golea o Athletic (5-0) e estará na final da Supercopa
O equipo culé foi moi superior ao vasco e no descanso xa gañaba 4-0
Os blaugranas esperan rival que sairá da semifinal que enfrontará a Real e Atlético de Madrid
@rfef
O Fútbol Club Barcelona estará na gran final da Supercopa despois de esmagar o Athletic Club, ao que goleou. Os de Hansi Flick foron moi superiores ó equipo vasco que deixou unha mala imaxe en Jeddah. E iso que non comezou mal o partido.
Os de Valverde chegaron con perigo á área de Joan García nos dez primeiros minutos pero foi un espellismo. Ferrán Torres anotaría o primeiro do equipo culé e desataría o vendaval de xogo dos seus. Pouco despois Fermín Roony, que aproveitou a ocasión que lle apareceu ante a baixa de Yamal, e Raphinha uníronse á festa e colocaron o 4–0 no marcador co que se chegaría ó descanso.
Na segunda metade non trocaría o guión do partido. E Raphinha anotaría o quinto aproveitando un rexeite de Unai Simón. Foi o peche virtual a un partido sen historia que na súa recta final vería como Lamine Yamal entraba no terreo de xogo para ledicia da afección qatarí.