Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada do Celta en Zagreb que encarrila o pase á seguinte fase (0-3)

Goleada do Celta en Zagreb que encarrila o pase á seguinte fase (0-3)

Superioridade viguesa desde o inicio ata o final do partido

Gran partido de Pablo Durán autor de dous dos tantos dos celestes

G24.gal 06/11/2025 19:07

Gran vitoria do Celta en Zagreb que deixa encarrilado o pase á seguinte rolda da competición. Os vigueses tiraron de orde e eficacia para derrotar a un Dínamo que foi superado polos vigueses en todo momento,grazas a inspiración do incombustible Iago Aspas que nunha posición máis centrada do habitual liderou todas as accións ofensivas do equipo.

O partido comezou de forma inmellorable para o Celta. A presión alta dos vigueses tivo efecto e Pablo Durán aproveitou unha asistencia de Iago Aspas para bater cun disparo desde a frontal ao meta croata. O Celta atopábase cómodo no campo e chegaría o segundo despois dunha gran xogada de Bryan Zaragoza en banda esquerda. O centro chut do andaluz tocou nun defensa e entrou de novo na portería dos de Zagreb. Reaccionaría o Dínamo que tería unha boa oportunidade nas botas de Kulenovic pero entre Iván Villar e o pau repeleron o disparo. Acto seguido, un minuto antes do descanso, chegaría o terceiro dos celestes cun pase da morte de Bryan Zaragoza que volveu a aproveitar Pablo Durán.

Na segunda metade o Celta dedicouse a controlar o partido. Cedeulle ó control da pelota ao equipo croata e buscaba as contras para sentenciar. El Abdellaoui e Aspas tiveron boas chegadas que erraron no pase final. Giráldez moveu o banco e entraron no campo Borja Iglesias e Jutglá. Este tivo unha boa ocasión pero non puido finalizar un gran pase de Aspas ás costas da defensa. Non habería máis goles no partido e o equipo olívico suma tres puntos que o deixan moi ben colocado para acceder á seguinte rolda da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade