Ourense e Racing asinan táboas no Couto (1-1)
Álvaro Giménez adiantou aos ferroláns aos 19 minutos
Enol Coto empatou na segunda parte logo dunha bonita acción
Nos minutos finais, os dous equipos tiveron opcións para gañar
O Ourense quixo ser dominador, pero o que levou perigo foi o Racing. Así comezou partido no Couto. Cunha cabezada de Artetxe que Álvaro Ratón conseguiu sacar a córner. Era o minuto oito e foi primeiro aviso departamental. No segundo, marcaron os ferroláns. Desta volta tras unha acción pola esquerda de Tejera que acabou cun centro magnífico para Álvaro Giménez (minuto 19). Terceira xornada consecutiva na que marca. O Ourense tiña intención, pero o que tiña dinamita era o Racing. Así foi o guión da primeira parte.
Á volta a trama parecía a mesma. Co Ourense poñéndo as gañas e o Rácing máis control. Pero aí apareceu Enol Coto para deixar unha acción individual de mérito, chea de calidade, e empatar o partido. Golazo. Minuto 52. E a partires de aí, viñeron as dúbidas para os visitantes. O Ourense decatouse e comezou a colgar balóns. Amín dispoñía da cabezada para o segundo. Sufriu o Racing neses minutos e espabilou ao final para dispoñer dunha opción de Álvaro Ramón e pedir un penalti de Enol Coto por empurrar a Álvaro Giménez. O Ourense tamén tivo a súa na compensación, nun córner que rematou Lucas.
E así se pechou este empate no Couto. Un empate que non tapa as necesidades locais e tampouco colma as aspiracións deste Racing.