Goleada do Atlético para meterse nas semifinais de Copa (0-5)
Os de Simeone firman o seu mellor partido da temporada cunha espectacular actuación do debutante Ademola Lookman
Os madrileños acompañan a Fútbol Club Barcelona, Athletic de Bilbao e Real Sociedade no cadro de semifinais
@Atleti
O Atlético de Madrid estará nas semifinais da Copa do Rei tras golear na Cartuja ó Real Batis nun partido onde foi dono do mesmo de principio a fin. Sen Julián álvarez, baixa de última hora por unha indisposición, o Cholo Simeone apostou por un equipo onde xuntaba na parte decisivca do campo a Griezmann, Baena e o debutante Ademola Lookman. E non puido ter mellor estrea o nixeriano que foi un pesadelo desde o inico para a zaga bética.
A primeira metade foi un monólogo dos colchoneiros. O ilusionante Lookman poido adiantar os seus ao pouco do inicio pero sería Hancko quen abriría a lata cun remate de cabeza a saída dun corner. Pouco cespois Giuliano culminaba unha xogada trenzada entre Baena, Lookman e Ruggeri. E antes do descanso chegaría o premio para Lookman que anotaría tars unha boa xogada hilvanada con Pablo Barrios.
Tras o descanso non cambiou o guión. O único punto negro para os de Simeone foi a lesión muscular de Pablo Barrios. No céspede chegaría o cuarto gol obra de Griezmann e o quinto, xa no treito final, anotado polo arxentino Almada. Tamén se estrearían co equipo atlético as dúas últimas fichaxes: Rofrigo Mendoza e Obeid Vargas.