Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez ve ao seu equipo preparado para "o reto" de asaltar o fortín do Toumba Stadium

Giráldez ve ao seu equipo preparado para "o reto" de asaltar o fortín do Toumba Stadium

A última derrota do PAOK diante dos seus afeccionados produciuse o 13 de febreiro de 2025

A Radu non lle  preocupa estar apercibido de sanción no caso de que reciba un cartón amarelo

Foto Celta
G24.gal 18/02/2026 19:33 Última actualización 18/02/2026 19:42

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, avisou este mércores de que a vitoria (3-1) ante o PAOK na fase Liga non lles serve de referencia porque o partido de mañá no Toumba Stadium de Salónica será moi diferente ao de Balaídos.

“Temos que estar estables durante toda a eliminatoria se queremos pasar. Sabemos que nunha eliminatoria calquera mal momento pódelo pagar caro. Oxalá mañá teñamos unha boa versión do equipo, creo que estamos preparados para o reto e teño máxima confianza nos xogadores para chegar ao noso campo cun bo resultado”, afirmou en rolda de prensa.

Nunca un equipo español gañou no estadio de Salónica, onde este curso o Betis perdeu 2-0 na fase Liga da competición continental. Ademais, a última derrota do PAOK diante dos seus afeccionados produciuse o 13 de febreiro de 2025, na ida do playoff da liga Europa fronte ao Steaua de Bucarest (1-2).

“Ese dato é moi motivante para nós, fala da dificultade que ten o reto, do difícil que é xogar aquí e do nivel do rival, que encaixa poquísimos goles no seu estadio”, expuxo Giráldez

Para o técnico de Porriño será fundamental que defendan “moi ben” pola dificultade de facerlle gol ao conxunto dirixido por Razvan Lucescu.

Mentres, o internacional romanés Ionut Radu, porteiro do Celta, espera que o seu equipo acabe este xoves, coa imbatibilidade do PAOK no seu estadio onde o conxunto dirixido por Razvan Lucescu non perde un partido desde o 13 de febreiro de 2025, na ida do playoff da liga Europa ante o Steaua de Bucarest.

“Espero cambiar a estatística do PAOK no seu estadio. Nunca xoguei en Grecia, será a miña primeira vez. Será moi lindo xogar nun estadio cun ambiente tan quente como o que nos atoparemos mañá”, manifestou.

A Radu non lle preocupa estar apercibido de sanción no caso de que reciba un cartón amarelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos