Gareth Bale sempre aparece nas grandes citas
Gareth Bale sempre aparece nas grandes citas
Gales empata (1-1) cos Estados Unidos grazas a un tanto de penalti da súa estrela

Desaparecido, apático, indiferente, desganado... Houbo moitos cualificativos (e poucos positivos) para Gareth Bale nas últimas temporadas xogando co Real Madrid. Neste 2022 colleu camiño dos Estados Unidos para xogar nunha liga menor no treito final da súa carreira co ollo posto no Mundial.
O que ninguén lle pode negar ao "Expreso de Cardiff" é o compromiso coa súa selección. No regreso mundialista de Gales (non estaba nunha Copa do Mundo desde o 1958) empatou cos Estados Unidos grazas a un gol de penalti da súa estrela no minuto 82.
👑🏴 GALES BALE#GolMundial pic.twitter.com/joNUx6UT4U
— Gol Mundial (@Gol) November 21, 2022
Ata ese momento os americanos foran superiores. Adiantáranse á beira do descanso grazas a un gol de Timothy Weah (o fillo do mítico Balón de Ouro George Weah) e todo apuntaba a que ían levar un triunfo vital para o pase aos oitavos de final.
Demostrar en un Mundial que eres hijo de un Balón de Oro 😎
— Gol Mundial (@Gol) November 21, 2022
💎 Weah dando una lección sobre cómo definir #GolMundial pic.twitter.com/HmVa5hXGHY
Bale levou a Gales ao terceiro posto na Eurocopa de 2016, en que marcou tres goles. Foi o artífice da clasificación para a Euro'20 e marcou tres goles na recuperación para meter os vermellos nun Mundial despois de 64 anos. O bo de Gareth, amante dos paus de golf, deixou claro que non quere marchar de Qatar, pode que a súa derradeira gran cita, pola porta de atrás.