Cargando resultados...
Gardas civís denuncian a falta de medios para combater as descargas de droga en Huelva
A Asociación Unificada da Garda Civil difundiu un vídeo nas redes para denunciar a situación que están a vivir e como os narcos transportan a droga sen medo á lei
G24.gal
15/02/2025 21:25
Con total impunidade, a plena luz do día, descargando fardos de droga e armados ata as cellas. En Huelva, os narcotraficantes descargan a droga dunha embarcación de recreo, meten o alixo nunha furgoneta e levan fusís de asalto. Teñen as caras cubertas, pero fano de día.
A Asociación Unificada da Garda Civil difundiu un vídeo nas redes sociais para denunciar a situación que están a vivir e como os narcos transportan a droga sen medo á lei.