Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gandeiros piden que os consumidores boicoteen as principais industrias lácteas

Gandeiros piden que os consumidores boicoteen as principais industrias lácteas

Pídenlles aos cidadáns que non compren as marcas que incumpren

Agromuralla estuda accións para desabastecer o mercado no Nadal

Gandeiros botan leite diante das instalacións de Lactalis en Madrid
G24.gal 25/11/2021 14:32

Xornada reivindicativa do sector leiteiro con varios escenarios. En Madrid, gandeiros de varias comunidades autónomas protestaban diante da multinacional Lactalis. Din que perden cartos porque os custos de produción encareceron e as principais industrias non repercuten ese aumento nos prezos.

A situación é crítica e en Galicia Unións Agrarias pide colaboración cidadá para boicotear as industrias lácteas que incumpren a lei. E días despois de organizar unha tractorada en Lugo, Agromuralla estuda unha folga de entregas de leite para desabastecer o mercado.

Un bloqueo co que pretenden que estas industrias reaccionen e suban o prezo final do leite para poder compensarlles aos gandeiros ese incremento medio de cinco céntimos por litro nos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade