Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gandeiros denuncian un grupo que rouba cabalos no sur da provincia de Pontevedra

Gandeiros denuncian un grupo que rouba cabalos no sur da provincia de Pontevedra

Hai xa denuncias de seis gandeiros

G24.gal 19/11/2021 14:32

Hai imaxes en que supostamente o grupo que actúa na zona de Ponteareas colga nunha coñecida rede social. Tres persoas soben ao monte ás horas en que non hai ninguén acompañados de corenta cans de présa cos que paralizan os cabalos para logo collelos a lazo.

Iván puxo a primeira denuncia ante a Garda Civil en 2017, cando unha das súas eguas se aforcou despois de ser atada por membros deste grupo. Hoxe son xa cinco as denuncias de gandeiros que se sumaron a el.

Os cálculos de Iván é que capturan preto de douscentos animais ao ano. Un negocio á alza xa que a carne de cabalo duplicou o seu prezo nos últimos seis meses polo tirón da demanda asiática. Segundo unha recente investigación podería haber tres grupos operando deste xeito no sur da provincia de Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade